EXPOSICIÓNSVISITASPUBLICACIÓNSANUNCIOS

InicioServizosActividadesRutasEnlacesAmigos MuseoTrámites

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Actualizada:

31/07/2012

 

Resolución:

1024X768

 

 

 

Para dinamizar en maior medida os contidos expositivos do Museo trimestralmente elaborarase un panel monográfico sobre unha peza, xacemento ou tema en concreto. O panel compleméntase coa edición dun tríptico e unha conferencia que ten lugar o día da súa inauguración. Cóntase co patrocinio de "la Caixa" para esta actividade.

 

 

Actual          Anteriores

 

Co patrocinio de:

 

 

 

 

 

 

Tema Actual.

Muíño Rotatorio de Sitallo (Cospeito, Lugo).

 

 

O Castro de Sistallo atópase no veciño Concello de Cospeito, ó carón da Lagoa de Valverde, unha canteira destruíno parcialmente deixando á vista algunhas edificacións do poboado e outros restos entre os que destaca este muíño rotatorio.

O muíño rotatorio está composto por dúas partes, unha base fixa (en latín “meta”) e unha parte superior rotatoria (en latín “catillus”). O meta recibe o seu nome dos piares cónicos que nos circos romanos sinalaban os estremos da espiña que dividía a area en dúas rúas; nos muíños ten unha forma cilíndrica coroada por un cono cun furado no seu ápice. O catillus é a parte que xira sobre un eixo colocado no furado da anterior, ten forma de dobre funil cun gran oco cilíndrico no seu centro, e un pequeno, normalmente no costado, para facelo xirar manualmente. Este muíño está feito en pedra de gran, a parte superior ten un diámetro de 37 e unha altura de 13 cm, mentres ca parte inferior conta un diámetro de 32 e unha altura de 19,7 cm.

Os grans de cereal, e doutros froitos, poríanse no funil superior e co movemento rotatorio ían pasando entre as dúas pezas de pedra, coas superficies rugosas, ate saír pola periferia transformados en fariña.  Con ela farían pan, tostas e papas.

Aínda ca tradición arqueolóxica galega relaciona a presenza destes muíños coa Dominación Romana, a súa utilización no noso país documéntase xa do século IV a.C., moito antes de producírense os primeiros contactos con Roma. Este muíños introdúcense dende o Mediterráneo nun tempo onde se intensifican as relacións comerciais co sur de Europa, coincidentes coa maior expansión do cultivo do trigo na Historia de Galicia.

 

 

Temas Anteriores.

Acubillo de Pena Grande (Vilalba-Lugo).

 

 

O asentamento de Pena Grande foi descuberto e escavado por D. José Ramil Soneira a finais da década dos sesenta do século XX, constitúe o xacemento do Paleolítico superior máis importante de Galicia polos estudios alí realizados e pola cantidade e calidade do restos achados.

A colección recuperada en Pena Grande consta case de mil pezas de pedra lascada; labradas en seixo, cristal de rocha, sílex e seixo porfídico. Correspondendo duascentas pezas con útiles tipolóxicos, entre os que destacan as laminiñas de cota (para cortar coas mans ou para facer coitelos e puntas de lanza), seguidas dos burís (para facer pequenos sucos en óso, madeira ou pedra), e de pequenas raspadeiras, completando o conxunto testas de proxectís e un elemento xeométrico (trapecio).

O traballo da pedra realizado por estas xentes consistía en bater cunha pedra (percutor) ou cun cicel contra outra pedra (núcleo) da que extraían fragmentos chamados lascas ou láminas, cando son dúas veces máis longas de anchas; A partires delas cunha serie de pequenas percusións (retoques) as pezas van collen-do a forma desexada.

 

Vasilla do Castro de Vixil (Vilalba-Lugo).

 

 

Vasilla tipo ola, globulosa, de perfil en "s" e de forma pechada. O seu beizo é redondeado e o borde oblicuo, presenta un colo cóncavo de tendencia vertical que arrinca dunha faceta que o separa do corpo convexo que amosa unha ombreira superior, o fondo, ausente, debería ser plano como no resto das vasillas do xacemento.

Posúe unhas dimensións máximas de 198 mm de altura por 277 de diámetro, sendo o diámetro da súa boca de 203 mm. Vasilla feita a torno lento, a súa pasta de cor ocre a marrón escuro no exterior e gris escuro no interior.

- Bloques Temáticos da Exposición Permanente -

IntroduciónI. da Pedra LascadaI. da Pedra PulidaIdade do BronceIdade do FerroÉpoca Romana