Utilidades.

 

 

 

Neste apartado incluímos unha serie de utilidades que nos axudan a estandarizar os contidos do proxecto, e, por outra banda creamos unha serie de contidos para facer máis sinxela a utilización do Mapa Web e outros contidos que poden facer máis doada a participación no proxecto:

 

 

 

O Mapa Web.

 

É unha ferramenta fundamental para a catalogación do patrimonio e para a súa difusión. Non está pensado para a utilización con dispositivos móbiles. A súa estrutura é moi intuitiva, na dereita ten o título cun enlace que nos dirixe ate a páxina inicial do proxecto.

 

 

Debaixo do título está o botón que mostra as capas base e as capas temáticas. Por defecto mostra activada a capa base OSM, pero pode escollerse entre ela e outras dúas (Satélite e Parcelas) que mostran as imaxes de satélite de ESRI e as parcelas do catastro, respectivamente. Estas dúas capas están dispoñibles só en valores altos de zoom. As capas temáticas activadas por defecto son Elementos Patrimoniais e límites do Concello de Vilalba, tamén se poden activar a capa do Camiño de Santiago e da situación dos igrexarios das parroquias, coa súa etiqueta de texto.

 

 

Na parte inferior dereita do mapa aparece unha xanela cun minimapa para axudarnos a situar a área de visualización cando estamos con valores de zoom altos. Debaixo del móstranse as atribucións ou fontes das distintas capas base e do software de creación do mapa web.

Na parte superior dereita están os botóns dos complementos do mapa:

 

Ver o mapa web en xeito de pantalla completa.

Ir ao mapa inicial de portada.

Aumentar zoom (acercar).

Reducir zoom (afastar).

Busca de elemento patrimonial por nome.

 

Na busca do elemento patrimonial por nome, ao introducir un texto na xanela, despregarase unha lista coas coincidencias más próximas, e cando seleccionemos unha de las aparecerá un círculo vermello no mapa sinalando a súa posición, no zoom que teña o mapa nese momento.

Na parte inferior mostramos a lenda dos pictogramas dos elementos patrimoniais, a escala gráfica, e as coordenadas xeográficas do movemento do punteiro ou rato:

 

 

                     

A lenda dos elementos amplíase cando se pasa o rato, ou punteiro, sobre a súa miniatura. Cando paramos o rato por riba dalgún pictograma aparece unha etiqueta co nome do elemento patrimonial, si facemos clic abre unha xanela emerxente cos datos básicos do mesmo, mostrando un enlace que abrirá a súa ficha de catálogo.

 

 

                     

Para facilitar a obtención das coordenadas xeográficas, se facemos click en calquera parte do mapa, agás enriba dun pictograma, aparecerá unha xanela amosando as coordenadas concretas:

 

 

 

 

Obtención de coordenadas xeográficas.

 

Utilizamos o sistema de coordenadas WGS84 (World Geodetic System de 1984) que permite localizar calquera posición no mundo sen conversión algunha. Expresa a situación en pares de coordenadas cartesianas que reflicten a latitude (Y) e a lonxitude (X) en grados con expresión decimal : Y 43.2994569758433, X -7.683131396770478. A Lonxitude é negativa ao Oeste de Greenwich, e o separador decimal exprésase cun punto “.”, non cunha coma “,” para con confundir os decimais con parellas de coordenadas.

Podemos obter as coordenadas xeográficas dos elementos a partires do Mapa Web, movéndonos polo mapa ate situarnos na situación desexada, e cando fagamos clic na súa posición aparecerán as coordenadas do lugar.

Para os dispositivos móbiles existen numerosas aplicacións e complementos que permiten coñecer as coordenadas da nosa posición.

O máis utilizado é GoogleMaps, instalado no dispositivo móvil permítenos actuar nunha área xeográfica sen conexión de datos, grazas á posibilidade de descargar mapas para o dispositivo móbil. Con ou sen conexión de datos, abrimos o complemento e aparece un punto azul sinalando a nosa posición, facemos zoom ate achegarnos para ver o elemento con detalle, na situación concreta prememos na pantalla durante un segundos. Seguidamente aparece unha chincheta ou marcador, premendo na banda inferior etiquetamos a posición para darlle un nome, e logo a gardamos. Na conta persoal de Google, en “Tus sitios”, “Etiquetados” aparece a etiqueta, e cando a seleccionamos mostra a súa posicións e coordenadas.

 

 

 

Facer fotografías.

 

As fotografías deben recoller do mellor xeito posible as características dos elementos, sen efectos ou engadidos que desvirtúen o seu estado actual. Para iso é importante, agás que utilicemos flash, ter o sol ás costas ou que entre de lado. Cando queiramos facer unha foto a un elemento ou a un detalle que estea alto, é mellor afastarnos para reducir a distorsión de oblicuidade. Os protocolos de documentación sinalan unha serie de vistas para representar os elementos culturais. As vistas principais son a frontal, a posterior e as laterais, coa maioría dos elementos podemos cinguirnos a elas, prescindindo de picados e vistas oblicuas. Salvo no caso de capelas, igrexas e outras construcións onde podemos tomar unha vista oblicua que plasme a fachada principal e unha das laterais.

O formato de presentación estándar do proxecto é horizontal, nós adaptaremos os outros formatos recibidos para evitar efectos non desexados nos modelos de representación.

Para incorporar os datos de identificación aos arquivos gráficos, prememos na opción de “Propiedades”, cando se abre a xanela de propiedades prememos en “Detalles”. Nesta aparecen uns campos nos que temos que modificar os seus contidos, así no “Título” tecleamos o motivo da imaxe, en “Asunto” o nome do elemento, en “Comentarios” as observacións pertinentes, en “Autoría” a clave persoal de membro ou o seu nome e apelidos, e a “Data da captura” a deixamos sen cambios se coincide coa data na que se tomou a imaxe ou se fixo o plano.

 

 

 

 

Descrición de elementos patrimoniais.

 

Neste apartado iremos subindo esquemas e/ou artigos que nos axuden a describir os elementos patrimoniais.